Proxecto dunha instalación fotovoltaica

10 de abril de 2023

Autor: Miguel Núñez Mourelle

Neste posgrao realizamos proxectos de carácter técnico que se poden levar a cabo na realidade. Un dos exemplos realizados polos alumnos, foi o deseño dunha instalación solar fotovoltaica nun balneario. Neste caso desenvolveuse o traballo ó longo de tres sinaturas distintas:

A primeira é mais enfocada no tema enerxético foi  Enerxía solar fotovoltaica, fundamentos e instalacións, aquí realizouse todo o traballo de análise de consumo enerxético e irradiación solar. No apartado de consumo realizáronse os cálculos do gasto enerxético das instalacións do balneario, gasto de luz das habitacións, gasto dos motores, das bombas… coa finalidade de ter o consumo total. No apartado da irradiación empregando o programa IHoga obtemos a irradiación solar desa ubicación. Para iso introducimos a latitude e lonxitude do lugar, xunto co albedo e pendente das placas. O programa accede a base de datos da NASA que nos ofrece os valores medios diarios de cada mes. Unha vez obtidos os datos pasmos a calcular a cantidade de paneis, baterías, inversores e cables. Por último calculamos os costes e amortizacións da instalación. 

Na seguinte imaxe vemos unha fotografía aérea do balneario onde se pretende situar parte dos paneis fotovoltaicos.

A segunda sinatura foi comunidades enerxéticas,  onde realizamos o análise de ciclo de vida. Neste apartado calculouse o tempo de retorno enerxético, que é o tempo necesario para que o sistema sexa capaz de xerar a mesma cantidade de enerxía para a súa produción. Por outro banda calculouse o tempo de retorno económico, que fai referencia a amortización. Pola outra banda calculamos o potencial de mitigación de impacto ambiental.

A terceira  sinatura coa que se seguiu este traballo foi Bases de sostenibilidade e globalización , onde mediante o programa OSeMOSYS, o cal nos permite avaliar distintos escenarios futuros comparando con escenarios base, sendo estes últimos  os que se acadarían en caso de non tomar medidas. No nosos caso realizouse o estudo da sostibilidade do sistema a longo prazo, ademáis de ver o impacto das emisións e se había outra forma de obter enerxía de forma eficiente e económica.

Por último, dicir que a idea deste tipo de proxectos é que se leven a cabo na vida real, co obxectivo de mellor a situación actual dende un punto de vista de mellora tecnolóxica e medioambiental.

Últimas noticias

CLIMATHON 2026

CLIMATHON 2026

Los días 15 y 16 de octubre, el Máster de Excelencia en Energías Renovables, Cambio Climático e Desarrollo Sostenible (MERYCSE) organiza en Facultad de Biología el CLIMATHON 2026. El CLIMATHON es un hackathon que centra su temática en la descarbonización y está...

Energy Days 2026

Energy Days 2026

¡Tres días increíbles en los Energy Days 2026 de Cluergal! Los alumnos del MERYCSE hemos tenido la oportunidad de asistir a este gran evento sobre energía, sostenibilidad e innovación celebrado en la Cidade da Cultura los días 30 de septiembre, 1 y 2 de octubre....

El impacto de la transición energética sobre el paisaje

El impacto de la transición energética sobre el paisaje

La cara invisible de la transición energética Hoy, 25 de septiembre, los alumnos del MERYCSE participamos en el Seminario I: “El impacto de la transición energética sobre el paisaje”, organizado por la Universidad de Santiago de Compostela junto con la Fundación...