Debate con representantes parlamentarios sobre a transición ecolóxica en Galicia

11 de mayo de 2026

O 12 de maio, ás 16:00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, terá lugar un debate aberto cos representantes das formacións políticas con presenza no Parlamento galego sobre os retos futuros do proceso de transición ecolóxica en Galicia.

O debate forma parte das actividades académicas organizadas polo Máster de Excelencia en enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC (MERYCSE).

A actividade márcase uns eixos sobre os que definirse as diferentes forzas políticas parlamentarias coa intención de que o estudantado elabore un diagrama DAFO ao rematar a xornada con cada un dos puntos. As liñas sobre as que se centrará o debate serán Medio rural, medio natural e Territorio; Poboación e inmigración; Vivenda, urbanismo e turismo; Soberanía alimentaria e xestión da auga; Educación e sanidade; Gandería, pesca, e industria; e Mobilidade e enerxía.

Os resultados deste debate serán publicados na web do Máster (https://merycse.es/).

Últimas noticias

XV Seminario de Eficiencia Energética en la Industria SEEI 2026

XV Seminario de Eficiencia Energética en la Industria SEEI 2026

La eficiencia energética se ha consolidado como uno de los pilares fundamentales de la transición energética, especialmente en el ámbito industrial, donde existe un enorme potencial para optimizar consumos, reducir costes y mejorar la competitividad empresarial. En un...