O pasado venres 23 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela a IV CONFERENCIA DAS PARTES de Galicia organizada pola ALIANZA GALEGA POLO CLIMA e auspiciada pola Consellería de Medio Ambiente e cambio Climático da Xunta de Galicia.
O acto, ao que foi invitado o Máster de Excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC (MERYCSE), tivo lugar no Edificio Bandalux-Lux Events Center e asistiron preto de 200 invitadas do sector empresarial galego e diferentes institucións.
O MERYCSE tivo un papel relevante ao asistir como invitado para presentar os resultados obtidos no CLIMATHON 2026 e as iniciativas desenvoltas polas estudantes durante o mesmo na Biorrexión Cantábrica. Tanto os responsables do Máster como as estudantes que participaron valoraron moi positivamente esta iniciativa e a posibilidade de compartir o seu traballo con todas as asistentes. As estudantes Emilia Rodríguez Caillava e Pablo Fernández Rubal foron as encargadas de defender as iniciativas resultantes do traballo de medio centenar de estudantes do máster e dos CIFP do Valentin Paz Andrade de Vigo e de Ferrolterra.
Despois do acto houbo tamén tempo para compartir coas asistentes ao acto, e moi especialmente coa Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, as impresións do alí acontecido, a importancia que o MERYCSE ten para Galicia e a posibilidade de que o próximo ano a Consellería e MERYCSE teñan unha colaboración máis estreita na organización do CLIMATHON e a IV CONFERENCIA DAS PARTES ALIANZA GALEGA POLO CLIMA coa intención de institucionalizar este evento tan importante.
En palabras do Coordinador, o Profesor Antonio García Loureiro, a recuperación do CLIMATHON para Galicia a través do MERYCSE e a nosa estreita relación co sector empresarial, xunto ao apoio que estamos a recibir por parte da Consellería da Xunta de Galicia, son unha panca de cambio crucial para converter a Galicia nun referente de resiliencia climática e desenvolvemento sostible e un compromiso fundamental para abordar a transición ecolóxica con garantías de futuro e creación de riqueza e benestar.
El pasado viernes 23 de octubre se celebró en Santiago de Compostela la IV CONFERENCIA DAS PARTES de Galicia organizada pola ALIANZA GALEGA POLO CLIMA e auspiciada pola Consellaría de Medio Ambiente e cambio Climático da Xunta de Galicia.
El acto, al que fue invitado el Máster de Excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC (MERYCSE), tuvo lugar en el Edificio Bandalux-Lux Events Center y asistieron cerca de 200 invitadas del sector empresarial gallego y diferentes instituciones.
El MERYCSE tuvo un papel relevante al asistir como invitado para presentar los resultados obtenidos en el CLIMATHON 2026 y las iniciativas desarrolladas por las estudiantes durante el mismo en la Biorregión Cantábrica. Tanto los responsables do Máster como las estudiantes que participaron valoraron muy positivamente esta iniciativa y la posibilidad de compartir su trabajo con todas las asistentes. Las estudiantes Emilia Rodríguez Caillava y Pablo Fernández Rubal fueron las encargadas de defender las iniciativas resultantes del trabajo de medio centenar de estudiantes del máster y de los CIFP del Valentin Paz Andrade de Vigo y de Ferrolterra.
Después del acto hubo también tiempo para compartir con las asistentas al acto, y muy especialmente con la Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, las impresiones de lo allí acontecido, la importancia que el MERYCSE tiene para Galicia y la posibilidad de que el próximo año la Consellería y MERYCSE tengan una colaboración más estrecha en la organización del CLIMATHON y en la IV CONFERENCIA DAS PARTES ALIANZA GALEGA POLO CLIMA con la intención de institucionalizar este evento tan importante.
En palabras del Coordinador, el Profesor Antonio García Loureiro, la recuperación do CLIMATHON para Galicia a través del MERYCSE y nuestra estrecha relación con el sector empresarial, junto con el apoyo que estamos a recibir por parte da Consellería da Xunta de Galicia, son una palanca de cambio clave para convertir a Galicia en un referente de resiliencia climática y desarrollo sostenible y un compromiso fundamental para abordar la transición ecológica con garantías de futuro y creación de riqueza y bienestar.





